miércoles, 27 de junio de 2007

SAILOR CHEGA

Cando Sailor chegou ao pobo, era o único que tiña unha chaqueta de pel de serpente. Foi un agosto infame, e xúrovolo, novelos de palla voaban polas rúas de Bridgestown, Arizona.
Coas primeiras néboas de setembro vino merodear pola piscina. Fixo algúns amigos e era doado velo no bar de Peggy Sue coa súa guitarra. Gustaba de Bob Dylan e non paraba de falar dunha tal Suze Rotolo. Pero aquela derradeira tarde de verán vino saír da auga sen darme tempo a respirar. Púxose tan perto de mín que o corazón saíame pola garganta. Estaba todo mollado e sorría cando me bicou. Tiña os labios frescos e húmidos; foi como deixarse caer nun mar de nubes. Rendinme.

6 comentarios:

K dijo...

Malia a súa chaqueta de serpe, Sailor parece interesante, se gusta de Bob Dylan.

Eu non sei rendirme. A ver se de velo aprendo algo.

Se gustas de Dylan e de Truffaut, quedo por aquí. Saúde.

Lula Fortune dijo...

K: Sempre serás benvido. Xa ves que son nova nestas lides e ando un pouco escasa de coments.Bicos.

De la Highway 61 dijo...

É o que ten Bridgestown. É o que ten Bob Dylan. É o que ten rendirse.

PD.: se queres comentarios di algo de Quintana ou do alcalde de Lugo, se chame como se chame. Eu, desde logo, prefiro a Sailor.

lula fortune dijo...

Paso de politicachos.Eu tamén prefiro a Sailor.

Doutora Seymour dijo...

Supoño que sería rendirse só o extrictamente necesario, é dicir mentres non chegou ao chan...
Agora sei que Sailor viste chaqueta de pel de serpente... non lle sei... aínda ecoan en min as sabias palabras de Peggy Sue. Mais seguirei atenta a ver se mudo de opinión.

Lula Fortune dijo...

Non desesperedes, xa vos dixen que Sailor non é como os demáis homes.Saúdos doutora.