domingo, 17 de junio de 2007

DEZ PASOS

Din que JRJ escribía diante dun pano negro para que nada poidese distraer os seus sentidos. Zenobia so vería a súa caluga esencial mentres se ocupaba de organizarlle ese mundo exterior do que fuxía: encher a despensa, falar co xardineiro, darlle a comida a Platero... E sobre todo gañar cartos para que na casa non faltase o necesario (incluído o pano negro).
Gústame a poesía de JRJ, pero coñezo moitos homes inútiles que nin sequera nos deixan a compensación intelectual da sua creación artística.
Este post adicollo as bloggeiras e "bloggeiras consorte" nun mundo de calugas sesudas diante da pantalla negra do ordenador.

1 comentario:

juan l. blanco valdés dijo...

Lula:

Detrás dun grande home sempre hai unha gran muller (e detrás desta xeralmente está a súa esposa). Groucho Marx.
Bonito o post de Zenobia e JRJ. E bonita a historia das calugas. Terei que mirar unha (ou teranma que mirar a min...).