jueves, 21 de junio de 2007

Feridas

Voume,dixen no traballo, Sailor necesítame. Peggy Sue miroume por enriba das súas gafas de pasta rosa: non lle lamas as feridas, encanto, os homes acostumanse enseguida.
Pero eu so pensaba en Sailor mentres me alonxaba pola autopista. Pensaba na súa cicatriz tenra, no tremer do seu corpo cando aproximaba os meus beizos a carne ferida...
Estades todos equivocados. Sailor non é como os demáis homes.

9 comentarios:

Doutora Seymour dijo...

Vese que Peggy Sue sabe do que fala, e aínda por riba o da ferida se chama Sailor... non me diga máis, eu collería a saida da autopista que me afastase o máis posible del. Cousa de gustos, claro.

besbellinha dijo...

Discrepo neste caso coa doutora seymour, non sen pensar que igual ten razon ao igual que Peggy Sue, pero Sailor sempre será superior ás miñas forzas...máis aínda se ten cicatrices que lamber. Cousa de gustos e igual cousa de complexo de salvavidas, mais o Sailor que me trae a min de cabeza "non é coma os demais homes"

Saúdos Lula :)

De la Highway 61 dijo...

Perdoen que me meta en cousas de mulleres pero... Doutora Seymour, Sailor, Peggy Sue, Lula Fortune, Besbelliña, homes con cicatrices, autopistas que coller... Non me estarán vendo moita tele?

marcos valcarcel dijo...

Benvida ó blogomillo. Acabo de coñecer o seu blog e aprecio sobre todo ese sentido do humor sobre o mundo e a vida, tan necesario nos nosos días. Saúdos cordiais.

Lula Fortune dijo...

Ten razón, Chiquito, so as feridas son reais.Por iso necesitamos un pouco de literatura, ou escoitamos cancions de Dylan...

ROBA SPIERRE dijo...

vexo que deixas comentarios en todos os blogs...

¿Acabas de empezar?
advirchote que hai moito pedante por eiqui,

saú2 e ánimo

De la Highway 61 dijo...

Roba Spierre: coidado co que dis que por aquí hai xente mooooooooooi poderosa que podería utilizar o que dis na túa contra, como nas pelis. E moito pedante, iso si.

Lula Fortune dijo...

Gracias polo consello, Robaspierre. Menos mal que estamos nos para darlle un pouco de glamour e intelixencia feminina.Noraboa pola tua volta.

besbellinha dijo...

a ver que eu falaba de cicatrices metaforicamente...non sei se me entenden ou é que me explico mal, que esto de comentar da moito de si.

Quero lerching sobre o tema "moito pedante".